sábado, 16 de mayo de 2009

Museo Travesti en el CGAC - Santiago de Compostela‏


Reproduzco la noticia que comparte Giuseppe Campuzano (quien anteriormente se le hiciera una entrevista aquí), sobre el trabajo curatorial que realiza en una exposición en el Centro Gallego de Arte Contemporáneo (España) llamada EN TODAS AS PARTES. POLÍTICAS DA DIVERSIDADE SEXUAL NA ARTE bajo la curaduría principal de Juan Vicente Aliaga.

Copio el texto de la exposición copiada de la página principal.


EN TODAS AS PARTES. POLÍTICAS DA DIVERSIDADE SEXUAL NA ARTE

Comisario/a: Juan Vicente AliagaArtistas: >>
O eixe central desta exposición radica nas distintas representacións do concepto de diversidade sexual no terreo da arte. Baixo esa denominación incluínte contémplanse principalmente as imaxes sobre a homosexualidade, o lesbianismo e as sexualidades e identificacións agrupadas habitualmente baixo o acrónimo LGBTQ (lesbiana, gay, bisexual, transexual ou transxénero e queer), que se pode completar co I referido ás persoas intersexuadas.


O obxectivo é internarse na produción de ideas arredor deste tema xurdidas nas prácticas artísticas, principalmente desde 1969, e desenvolvidas até hoxe.Por que 1969? Neste ano organízase o movemento de liberación gay a raíz das protestas acaecidas na cidade de Nova York, en particular a finais de xuño, no bar Stonewall Inn, sometido a acoso e represión por parte da policía.Esta revolta contou desde o principio coa participación de lesbianas, transexuais e travestidos, amén de homosexuais. Sobra dicir que ese ano se toma aquí como referencia simbólica, pois antes desa data xa houbera actividades e culturas desconformes coas normas.


En todas as partes é un proxecto vertebrado mediante a aparición de distintas representacións do desexo e das diversas subxectividades que se enfrontan á norma e ao poder patriarcal e heterosexista e que deron valiosos exemplos na fotografía, na pintura, no debuxo, no vídeo, na instalación e noutras disciplinas. Supón tamén unha indagación conceptual nas formas de vida heterodoxas e no concepto de comunidade, no que iso implica de constitución dunha cultura identitaria nun medio social hostil, particularmente nos anos sesenta e setenta. Unha identidade que quedaría cuestionada polos postulados queer, polo menos desde inicios da década dos noventa.


Dito isto, e para comprendermos o alcance das representacións e das producións artísticas, individuais e colectivas, necesítase do coñecemento da achega doutras manifestacións culturais, igualmente en clave política. Isto axudaranos entender as distintas percepcións existentes sobre a homosexualidade e a transexualidade, por exemplo. Nese sentido, sería preciso ter en conta o influxo na arte e na cultura visual dos discursos da medicina e da ciencia, ademais de explorar cómo a lei, en distintos países, estableceu normas e regulamentos que castigaban os actos homosexuais, ignorando, a miúdo, na súa penalización, ás lesbianas. Un castigo que aínda se aplica en moitos lugares.


Así mesmo, é de suma importancia ser conscientes do tramado de visións e construcións culturais procedentes do cine, da literatura, da música, dos medios de comunicación. Telos en consideración é primordial dado o peso que teñen na formación dun imaxinario colectivo ateigado de persistentes prexuízos e estereotipos e apoiado a miúdo no uso da inxuria e da vergonza. Fronte a todo este conxunto de visións parciais e interesadas rebeláronse os movementos de gays e lesbianas e os colectivos de transexuais, seguindo o exemplo das feministas e dos grupos a favor dos dereitos civís.


A aparición da sida e a súa instrumentalización por parte dos sectores sociais retrógrados serviu para culpabilizar a comunidade gay, entre outras poboacións demonizadas. As distintas revoltas ante a estigmatización revitalizaron o xurdimento de varios tipos de activismo político. A arte puxo cara e imaxe a moitas das cuestións debatidas sobre a pandemia da sida.


En todas as partes indaga na evolución continxente da representación da diversidade sexual desde os tempos de maior represión e homofobia até a actualidade. Isto inclúe a consideración das sucesivas propostas sobre equiparación de dereitos e o estimulante envite do pensamento queer, coa súa consabida crítica ás identidades fixas e á respectabilidade asociada ao concepto de normalidade.


O peso da arte nacida en Occidente (Estados Unidos, Alemaña, España, Gran Bretaña, Francia...) é sen dúbida significativo, pero tamén se atenderá á incorporación de propostas artísticas relativas a países onde as leis criminalizan, en distintos graos, a diferenza e a liberdade sexual (Irán, Turquía, A India, Palestina, O Líbano...).





No hay comentarios: